Francesc Torres enche de Crebas o CGAC

A exposición está aberta ata o 1 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Francesc Torres. Foto: CGAC

Francesc Torres. Foto: CGAC

O artista catalán Francesc Torres, un dos referentes da instalación multimedia, é o protagonista da nova exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea, Crebas, que repasa a súa traxectoria desde as súas primeiras instalacións nos anos 70 e incorpora un bo número de traballos inéditos vinculados directamente con Galicia, onde desenvolveu "fortes vínculos" nos últimos vinte anos. Segundo a comisaria da exposición, Rocío Figueroa, "é unha nova oportunidade de reler o seu traballo observando os vínculos existentes entre as diferentes etapas da súa traxectoria artística, que explora aspectos de carácter histórico, filosófico, político e antropolóxico, expresados a través de múltiples medios como a instalación, a fotografía, o debuxo ou a escultura". O título da exposición alude aos obxectos depositados polo mar na ribeira. A exposición permanecerá aberta ata o 1 de xuño en Santiago de Compostela.

Conversa entre Francesc Torres, Rocío Figuera e Santiago Olmo

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A arquitectura como xuízo

A arquitectura como xuízo

A exposición 'Ante a lei' de Lluís Hortalà está aberta no CGAC en Santiago de Compostela ata o 31 de maio

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Debuxo, Fotografía, Santiago de Compostela, Santiago Olmo...