O MUSAC dedícalle unha mostra a Salvador Cidrás

O artista galego desenvolveu obras específicas para a exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Retrato nova 13028

Retrato nova 13028

24 horas 10 minutos é o título da mostra que o Museo de Arte Contemporánea de Castela e León (MUSAC) lle dedica a partir do vindeiro 27 de setembro ao creador galego Salvador Cidrás. A exposición está composta por unha serie de obras realizadas ex profeso para a ocasión que o autor amosa coma unha grande instalación arredor da idea da mocidade, prestando unha especial atención ao universo masculino adolescente. Canda á mostra, o MUSAC editará unha publicación cos deseños e os modelos empregados para a instalación mural. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 11 de xaneiro na sede do Museo, en León.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Salvador Cidrás, Castela e León

Claves

Protagonistas