Once creadoras galegas participan na mostra Genealogías feministas en el arte español

O proxecto pode verse no MUSAC de León ata o vindeiro 6 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de Genealogías feministas en el arte español: 1960-2010

Imaxe de Genealogías feministas en el arte español: 1960-2010

O MUSAC de León abría o pasado 23 de xuño o proxecto Genealogías feministas en el arte español: 1960- 2010, un percorrido pola arte que reivindica o xénero. Na mostra colectiva que supón o eixe da iniciativa atopamos nada menos que once creadoras do noso país, ás que se suma o traballo de Xoán Anleo. Mónica Cabo, Mar Caldas, Anxela Caramés/Carme Nogueira/Uqui Permui, María Antonia Dans, Yolanda Herranz, Chelo Matesanz, Marina Núñez, María Ruído e de novo Uqui Permui por separado fan parte do proxecto. Canda a elas, Carme Nogueira conta cunha exposición monográfica.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con León, Carme Nogueira, Xoán Anleo, Xénero...

Claves

Conceptos
Lugares