Juan Uslé e Mark Manders son as novas propostas do CGAC

As dúas exposicións abren hoxe no centro compostelán

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Juan Uslé e Mark Manders son as novas propostas do CGAC

Luz escura é o título da exposición que Juan Uslé inaugura esta tarde no Centro Galego de Arte Contemporánea. Cadros realizados en grande medida durante a noite sérvenlle ao artista cántabro para efectuar "unha disquisición atenta e reflexiva sobre as condicións estruturais da pintura e do proceso de pintar". A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 28 de setembro. En paralelo, abre tamén as súas portas no Centro Curculio bassos, unha mostra na que Mark Manders repasa as súas creacións dos últimos anos, fundamentalmente arredor do ámbito da escultura. Obras chegadas de centros como o Stedelijk Museum de Amsterdam, o S.M.A.K de Gante,a Kunsthaus de Zúrich ou a colección Raboban estarán en Compostela ata o vindeiro 12 de outubro.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago de Compostela