Coa súa pel tostada e o seu acento caribeño, o Premio Nóbel de Literatura (1992) Derek Walcott achega a súa ollada mestiza e antillana sobre a poesía e o mundo. Ten un pé na cultura occidental e outro na mestiza, na que vén de África, no Caribe e nas praias solitarias. Así que a visión da herdanza cultural e histórica non pasa polas pedras labradas e as grandes catedrais, senón polo pasado anónimo da escravitude e polo contorno natural: as praias, os bosques e os ríos do Caribe.
"No Caribe non se celebra a historia porque non existe unha historia anterior. A nosa historia é a da escravitude e das plantacións", afirma Walcott, "e iso fai que o meu concepto do que é a historia e a cultura non se perciba igual. Cando chego a Europa e paso por unha gran catedral, non sinto ningún tipo de identificación. Podo ter algún sentimento máis ou menos sacral, pero nada máis". O propio Walcott é unha mestura de sangues: holandesas, con dúas avoas que foron escravas, a súa visión é moitas veces relativista.
Hoxe vive en Trinidad e exerce de profesor na Universidade de Boston. Naceu na illa de Santa Lucía, unha das illas de Barlovento das Antillas. Vivir a nenez nunha pequena e solitaria illa, con marcada actividade volcánica, forxou carácter e escritura. Escritura que comparte entre os poemas e unha tamén intensa actividade como dramaturgo. O xurado do Nóbel do 92 concedeulle o premio por "unha obra poética de gran luminosidade, sustentada por unha visión histórica, resultado dun compromiso multicultural".
Walcott amosa un pequeno sorriso cando alguén lle pregunta se percibe a herdanza europea entre as pedras do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago, onde se atopa: "Coido que a nosa historia son os ríos, o mar e o bosque. E, en certo xeito, todo isto de faltarnos a historia é moito máis positivo. Iso fainos ver o mundo de xeito distinto. No Caribe non importan especialmente as diferencias raciais".
A POESÍA ESTABA ANTES DA IMPRENTA, DA MÁQUINA DE ESCRIBIR, DA RADIO, DA TELEVISIÓN E DE INTERNET
Poesía para unha minoría maior
Walcott non cre que a poesía vaia ser lida nunca polas masas. As limitadas edicións non chegan a grandes públicos e "só dende hai pouco, con tanta profusión de congresos, xornadas e recitais hai cada vez máis lecturas públicas de poemas. Pero onde hai máis público é nos feitos". E a el non lle preocupa especialmente. Non cre que sexa unha arte dirixida a un público tan amplo.
Cre que a escritura está por diante e por detrás dos cambios que faga o ser humano nas súas tecnoloxías, nin cre que xéneros como a poesía desaparezan coa chegada das novas tecnoloxías: "a poesía estaba antes da imprenta, da máquina de escribir, da radio, da televisión e de internet. Os homes sempre buscan a expresión física na arte de escribir. E vano facer independentemente da tecnoloxía que empreguen para iso". Nin cre tampouco en que a poesía poida provocar cambios sociais nin transformar o mundo: "moitas veces pensamos que a poesía non fai que algo aconteza. Pero si pode ser unha resposta ao que á xente espera que aconteza".
ERA PARADOXAL QUE UNHA CULTURA QUE NON LLE PRESTA ATENCIÓN Á HISTORIA PRESTASE ATENCIÓN AO CAMBIO DE ERA
Contra a estupidez
Walcott dubida á hora de pensar na súa visión do mundo, e defíneo cun aforismo latino:
"o home é un lobo para o home" e protesta contra a estupidez humana en todos os aspectos. No cambio de século, os homes estiveron e foron convencidos de que o mundo se ía transformar a través do milenio: "era paradoxal que unha cultura que non lle presta atención á historia prestase atención ao cambio de era. E o resultado de todo aquelo foi a desilusión de que nada cambiou". E o exemplo maior da "estupidez humana" é o contínuum cultural europeo que podería resumir coa palabra "distanciamento étnico". Walcott remata cunha frase: "¿pensan que as loitas e as matanzas das tribos africanas son moi diferentes das loitas entre tribos europeas de hoxe en día?".