O 3 de novembro de 2018 Lugo celebrará a memoria do escritor Isdro Novo, finado en febreiro deste mesmo ano. A Asociación de Escritores en Lingua Galega, en colaboración co concello de Lugo, organizaron unha serie de actos co obxectivo de fixar a memoria do escritor e reflexionar sobre o seu legado social e literario. A xornada iniciarse cun simposio no Vello Cárcere, segundo da descuberta dunha placa na súa úlitma morada e, pola tarde, celebrarse un recital. Durante toda a xornada poderá visitarse, no Vello Cárcere, unha exposición sobre a súa vida e obra.