Cándido Pazó reestrea en Ribadavia a súa Commedia

A Mostra Internacional de Teatro acolle a montaxe de Contra Producións

En 1.993, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, acollía a estrea de COMMEDIA un xoguete para Goldoni, unha obra que acabou sendo considerada un fito do teatro do país. Este sábado 14, o festival acolle un reencontro con este espectáculo dirixido por Cándido Pazó e producido por Contra Producións. Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta cítanse nesta relectura da "commedia dell ́arte" italiana a encarnar personaxes como o taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano ou a encantadora Arxentina.