Carballo na memoria foi o tÃtulo escollido para inaugurar a colección Daguerrotipos de Galaxia, un novo proxecto co que a Editorial pretende contribuÃr a salvagardar a memoria fotográfica de Galicia. Realizado en colaboración con Phottic, unha plataforma online cun amplo repositorio e arquivo histórico de fotografÃa galega, este primeiro volume que se presentou a pasada semana na Praza dos Libro de Carballo, céntrase na historia da vila entre 1900 e 1980, un amplo perÃodo de tempo onde, quen se achegue ao libro, poderá comprobar como os fotógrafos, profesionais e afeccionados, recolleron a transformación do lugar: urbanÃstica, paisaxÃstica, demográfica... Ao tempo que axudaron a preservar a memoria dos seus habitantes e o espÃrito dos lugares. Carballo na memoria estivo coordinado polo historiador Xan Fraga RodrÃguez, e enmárcase nun proxecto maior para a recuperación da historia fotográfica do concello dun xeito colectivo e colaborativo, onde son as xentes as que achegan o seu saber sobre as imaxes e o amosan nas moitas accións realizadas na súa web www.carballonamemoria.org.