A danza contemporánea galega está a vivir unha época de especial dinamismo. Ao longo dos últimos tres anos novos festivais e un número crecente de producións coinciden cun certo pulo do apoio público a esta arte. No entanto, o panorama continúa a ser pequeno e marcado pola falta de espazos para programar. A repasar de xeito pioneiro a historia e a situación actual do sector, Manu Lago, produtor xestor e distribuidor, acaba de lanzar o Arquivo Online de Danza Contemporánea en Galicia. O web achega unha visión pioneira e permite comprender as claves e os problemas desta escena.
Todo comezou como unha necesidade persoal desde produtor, xestor cultural e distribuidor, vencellado profesionalmente ás artes do movemento. "Nos últimos anos traballei con varias compañÃas de danza e quixen ordenar un pouco o meu arquivo. Ao tempo, tentei darlle un xeito para que me permitise contextualizar os proxectos dos que fago parte na traxectoria da danza contemporánea de Galicia. Ao ver todo o material pensei que poderÃa completalo e facer unha ferramenta que servise para todos os que traballan neste ámbito".
Memoria interna
O web que desenvolveu Lago supón un proxecto pioneiro, xa que ata o momento non existÃa un espazo que recollese os datos históricos da disciplina, aÃnda que a transmisión oral e de diferentes publicacións permitiron que os profesionais da danza galega soubesen de moitos dos referentes e experiencias previas. "En xeral o sector coñece moito a súa traxectoria. Ao mellor sorprende atopar de xeito conxunto o Ãndice de coreógrafos e de espectáculos, podÃa faltar esa valoración global", explica Lago. De calquera xeito, recoñece a necesidade de documentación. "Eu mesmo non vin practicamente ningún espectáculo dos que se fixeron de xeito previo ao 2000, que foi cando cheguei a Compostela. Con este proxecto descubrÃn a traxectoria de compañÃas que me soaban pero que descoñecÃa. Xente como Olga Cameselle, que foi das primeiras bailarinas e coreógrafas do paÃs seguen a traballar aÃnda que sexa con outras formaciós. En realidade non é demasiada a xente que traballou en danza en Galicia e moita dela resiste, entón os nomes son bastante coñecidos".
Os datos
A base de datos recolle a evolución histórica de producións, e amosa como esta chegou a mÃnimos en 2012 e 2013 con apenas dez proxectos en cada ano. Do mesmo xeito, segue as axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) á produción e distribución de danza, unhas cifras que non atopan correspondencia no número de obras en cartel cada ano. O web achega tamén unha cronoloxÃa de festivais e entidades do sector, a repasar aqueles que están en activo, e unha listaxe de profesionais e compañÃas tanto actuais como históricas. Para compilar esta información Lago contou coa colaboración da Agadic. A maiores, os datos que fai públicos Lago revelan a destacada ausencia desta arte en circuÃtos como a Rede Galega de Salas (con só un espazo a programar este tipo de obras), Cultura no Camiño, a Rede Galega de Teatros e Auditorios ou a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A ausencia nas redes
Precisamente a sistematización de datos trouxo descubertas para o propio Lago a ese respecto. "Sorprendeume moitÃsimo e de xeito negativo ver o conxunto. Eu son consciente de que en Galicia se programa moi pouco, e todos coñecemos calen son os teatros que programan danza a dÃa de hoxe. Eu veño á feira Galicia Esceno Pro e sei perfectamente as cinco persoas coas que podo falar se lles quero vender un espectáculo. Pero é que en programas como Cultura no Camiño", que conta este ano con 342 actuacións, "só houbo unha proposta de danza, e porque era mestura con circo", explica. De xeito similar, "a presenza na Rede Galega de Teatros e Auditorios é moi puntual e na de Salas está o Teatro Ensalle de Vigo que se esforza en programar". A esta escaseza súmase que "as cantidades anuais de apoio público foron afundÃndose dun xeito brutal, ata que en 2015 non se consignou a danza un só euro". AÃnda que desde aquela houbo unha pequena recuperación, que sitúa sobre os 25.000 euros anuais as axudas ao sector, estas fican moi afastadas dos montantes de anos anteriores, especialmente a coincidir co goberno bipartito, con cifras dez veces superiores.
A importancia dos festivais
AsÃ, na actualidade o mapa da danza no paÃs céntrase nos festivais, un formato que multiplicou a súa presenza na axenda durante os últimos anos. Corpo(a)Terra, organizado pola compañÃa TrasPediante en Ourense preséntase como o evento máis veterano, a cumprir oito edicións este ano. Na mesma cidade, Danza no Claustro e o Festival Sólodos, coordinados nos dous caso por Sólodos Danza, sitúan a Cidade das Burgas á cabeza dos eventos centrados nesta disciplina. Desde a Coruña o Festival Quince gotas e a programación TRC Danza do Teatro RosalÃa de Castro, manteñen o facho canda a actividade do Colectivo RPM. Carballo co Primavera de danza, Ferrol e o seu Vai de baile, HerDanza en Compostela e CartografÃa en movemento en Lugo completan o panorama de Festivais. Canda a estes, a programación da viguesa Sala Ensalle marcan o panorama de espazos e de eventos dedicados ás artes do movemento no paÃs.
Distribucion territorial
Nese sentido, o actual panorama da danza amosa unha maior distribución dos eventos e entidades centrados no movemento por todo o paÃs. "Todo o que noutros momentos estaba a acontecer en Compostela foise dividindo e ocupando territorio. Ourense ten agora mesmo tres festivais activos, na Coruña é onde residen a maior parte das compañÃas e iso xera tamén movemento. Mesmo en Lugo, que é unha provincia na que, en xeral, a danza non existe, conta co seu festival, pequeno, da man de Cris Vilariño. Canda a estes, "o Ensalle supón un apoio bestial en Vigo, mentres o Teatro RosalÃa da Coruña é o que presenta unha programación regular de danza en Galicia. Tamén Carballo, co seu festival propio, é un espazo que apoia esta disciplina e agardo que outras programacións se abran". Como exemplo marca a revolución que suporÃa a introdución da danza en redes como a de Teatros e Auditorios. "Son oitenta espazos, con que programase cada un deles danza unha vez ao ano o panorama e a distribución de espectáculos muda completamente. Hai que pensar que agora hai só dez ou quince funcións ao ano na Rede".
Crear escenarios
A falta de espazos onde traballar e de axudas determinou de xeito decisivo o actual panorama da danza no noso paÃs. Colectivos que desenvolven pezas encárganse tamén de xerar espazos onde actuar. "As compañÃas queren traballar e se non hai programas que inclúan a danza, buscan iniciativas para amosar o seu traballo". AÃnda que hai formacións que promoven festivais, como TrasPediante ou Sólodos en Ourense non sempre é este o caso. "Roberto Taboada, que estivo vencellado ao festival Alt de Vigo continúa agora co seu labor no Vai de Baile de Ferrol", lembra este investigador. Isto explica tamén o peso que os festivais teñen na escena actual. "En xeral están a se consolidar. O Corpo(a)terra cumpre este ano oito edicións e outros como Vai de Baile fan tres. No entanto, para Lago a situación non influÃu no carácter das producións que desenvolven as diferentes compañÃas. "AÃnda que nos últimos anos as posibilidades de distribución de espectáculos estaban vencellados a diferentes festivais, non por iso estiveron a producir espectáculos de rúa. En xeral as que resisten teñen moi claro que é o que queren facer e como o queren amosar". Estes espazos continúan a ser, fundamentais á hora de falar da programación de danza no paÃs e constitúense tamén como aqueles que chegan a máis público. "Máis do que crear público para a danza penso que o que conseguen é achegar a danza a públicos que nunca van ver un espectáculo deste tipo a un teatro. En calquera caso fan máis pública a existencia da danza e póñena en coñecemento de todos".
O apoio público
Fronte a este panorama de autoxestión, este profesional insiste na necesidade do apoio público, que ademais se revela especialmente importante polas propias dinámicas da danza. "As axudas para a produción son fundamentais. Son as que permiten un labor de calidade, que se nota no produto final. O proceso de creación en danza é máis longo que noutras artes escénicas. Esixe un traballo previo de investigación fundamental. E as axudas permiten outro tipo de traballo, achegan máis seguridade e outras ferramentas que enriquecen o proceso". Nesa liña destaca a importancia das Residencias ParaÃso, que o colección RPM e mais Agadic botaban a andar en 2017. "Permiten contar cun espazo e cunha pequena contÃa para investigar, que é o paso previo a unha posible produción". Esta iniciativa, canda á posta en marcha das coproducións co Centro Coreográfico, fan pensar que "está a mudar un pouco a situación. Apoiouse a danza de xeito positivo nas axudas á produción da Agadic" co compromiso de que polo menos houbese dúas destinadas a esta arte. "Mudan algunhas cousas pero e fundamental que a cabeza da danza contemporánea, que o Centro Coreográfico Galego, se renove. Ten que ser o exemplo e está nunha situación que dirÃa de abandono. Cómpre que se renove pronto a dirección e retome a actividade".
Creatividade e calidade
Fóra da situación das polÃticas sobre o sector, e mesmo en contraste con elas, a falar sobre o actual nivel calidade e produción, Lago non dubida. "Lembro un ano, en 2005 ou 2006, que foi creativamente espectacular. Estaban a comezar Javier MartÃn e Pisando Ovos, ou La Macana. Entón naceron compañÃas que hoxe son as que están a traballar. E daquela Ãas ver alguén descoñecido e todo o público alucinaba. A todos nos sorprendÃa que traballos que se vÃan en festivais como En pé de pedra estivesen feitos aquÃ. E agora está a pasar o mesmo. Este está a ser un ano moi similar a aquel. En Galicia Escena Pro a reacción do público está a ser xenial ante os espectáculos de danza", que ademais este ano multiplicaron a súa presenza no programa. "Os espectáculos son fantásticos e a súa calidade destaca mesmo por riba doutras disciplinas escénicas. E o resto do ano hai aÃnda moitas montaxes por estrear e moitas expectativas polo que pode saÃr", adianta. No mesmo sentido se pronunciaba Belén Pichel, presidenta de Escena Galega, na presentación da última feira das artes escénicas Galicia Escena Pro que a danza contemporánea galega "continúa a ser un ámbito moi precario", pero recoñecÃa que "semella que o sector comeza a ver a luz e están a saÃr propostas moi interesantes". De cara ao futuro máis inmediato, Lago continúa con novos proxectos de divulgación do mundo da danza en Galicia que queren contribuÃr tamén ao desenvolvemento desta arte, que loita por se consolidar.