Diminúe o uso do galego entre os membros da Xeración Z

No entanto, as persoas nadas entre 1990 e 1999 teñen menos prexuízos cara á nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os membros da chamada Xeración Z, nados entre 1990 e 1999, falan menos galego que os de xeracións anteriores. Así o afirman os resultados dun estudo no que está a traballar o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega que Xaquín Loredo, membro deste equipo, adiantou onte nas V Jornades La recerca sociolingüística en l'àmbit de la llengua catalana, do Institut d'Estudis Catalans. Os datos desta análise que a RAG elabora co apoio da Deputación de Pontevedra salientan tamén que esta xeración ten menos prexuízos cara á nosa lingua.

En particular, e segundo adianta a Academia, as "valoracións máis positivas da lingua galega danse especialmente cando se acompaña dunha fonética e prosodia castelás, mentres que as percepcións sociais máis negativas se asocian á expresión en castelán con fonética galega". Deste xeito, a entidade asegura que "segue a haber fortes prexuízos contra os trazos fonéticos e prosódicos propios do galego" aínda que se comeza a "asociar a lingua galega a valoracións máis positivas, relacionadas coa dimensión competencia-status social". Fronte a isto, o uso habitual do galego baixa do 44,2% da xeración do milenio ata o 33,6%, na Xeración Z, mentres o monolingüismo en castelán para a ser entre estes a opción maioritaria, cun 33, 8%.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Real Academia Galega, Lingua galega