Comprobar como inflúe o xénero no uso e na transmisión do galego é o obxectivo do estudo Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión que acaba de presentar a Real Academia Galega e que está xa dispoñible no web da institución. O volume, publicado co apoio da Deputación de Pontevedra, está asinado pola académica MarÃa López Sández en colaboración cos técnicos do Seminario de SociolingüÃstica da institución, XaquÃn Loredo Gutiérrez e Gabino S. Vázquez-GrandÃo.
Este traballo propón un primeiro achegamento a unha cuestión que, segundo López Sández, resulta "realmente fulcral para a normalización e a planificación lingüÃstica", e tentar analizar datos como que un 26% das mulleres sexan monolingües en castelán fronte a un 22,3% de homes. Como primeira conclusión do traballo, López Sández salienta "a propia relevancia do estudo do parámetro xénero na súa dimensión sociolingüÃstica. AÃnda que non se constata unha fenda de xénero rechamante, no conxunto de traballos analizados si hai unha consistencia clara que podemos estimar arredor dun 4 % no uso e na transmisión interxeracional, menor no caso das mulleres".
A relacionar estes factores, a investigadora apunta que "non podemos esquecer que tanto o galego, na súa condición de lingua minorizada, coma a muller fronte ao home son realidades subalternas. E esta confluencia de subalternidades é relevante: ás veces un sector subalterno busca un reforzo a través de elementos que están prestixiados a outro nivel. Isto poderÃa incidir na maior presión que reciben as mulleres cara ao uso do castelán, que se constata, por exemplo, no contexto laboral, segundo se ratifica en diversos estudos".
Pola contra, a subalternidade social das mulleres tamén pode ser en ocasións "un factor de sensibilización lingüÃstica", advirte a académica. Deste xeito, a análise destaca o potencial que presenta a procura dunha "alianza entre a loita feminista pola igualdade de xénero e a normalizadora da preservación do idioma galego". A partir dos datos analizados, o estudo apunta que "a erradicación da discriminación de xénero serÃa, de feito, beneficiosa para combatermos a diglosia e que os dous procesos, o da conquista da igualdade entre mulleres e homes e o da preservación da lingua propia, poden actuar en sinerxÃa ao se atoparen interdeterminados e relacionados de múltiples xeitos".