O Instituto Nacional de Estatística daba a coñecer onte os seus datos sobre a produción editorial de libros. Nestes, revélase un grande afundimento da produción de libro galego, que pasou de 1.322 títulos en 2012 a só 739 no pasado ano, algo máis da metade. O descenso supón a redución na nosa lingua no sector editorial a niveis anteriores a 1999 e consolida a tendencia á baixa que se rexistra desde os máximos de 2008, cando se publicaron 2.070 títulos en galego. O número de títulos editados en Galicia tamén se reduce e pasa de 2.660 a só 1.869. A nosa lingua descenden dous puntos no conxunto de obras que se publican no país, cun 42,38% dos títulos. A ratio é similar á de anos anteriores aínda fica lonxe do 60% da edición en galego que se deu en 1990.
A produción editorial en galego afunde case á metade
En 2013 editáronse unicamente 739 libros na nosa lingua, segundo o INE
35 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
- Reportaxe sobre as estatísticas de produción de libros
- Reportaxe sobre os indicadores da crise editorial (2013)
- Os datos do INE sobre edición de 2012
- O Observatorio da Cultura Galega alerta nun informe do descenso na compra de libros
- Editores, escritores e especialistas en libro infantil e xuvenil denuncian os problemas da cultura do país
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Entidades