Os datos do IGE e da RAG revelan a continuidade de prexuízos e un retroceso na implantación do galego entre a mocidade

Novo resumo da lingua

Recollendo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) onda os publicados no seu día pola Real Academia Galega (RAG) no estudo "O galego segundo a mocidade", o xornal "La Voz de Galicia" ofrecía o domingo unha completa análise sobre a situación da nosa lingua entre os falantes máis novos. A maior parte dos especialistas consultadas por este rotativo coinciden en recoñecer que o galego está a perder posicións entre as xeracións máis novas dando nun "retorno á diglosia", segundo o propio presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro. Alén diso, mantéñense os prexuízos polos que se identifica o noso idioma co rural ou co nacionalismo.

Máis información en La Voz de Galicia