Especialistas en lingua rebaten o estudo que prevé o fin do galego para o ano 2100

2100 ou non

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O estudo publicado por “Europhisycs Letters” que prevé a desaparición da nosa lingua para o ano 2100 non conseguiu respaldo nos ámbitos filolóxicos do país. Esta investigación da que se facía eco onte “La Voz de Galicia”, foi realizada polos físicos Jorge Mira e Ángel Paredes, que aplicaron modelos matemáticos á evolución do idioma. Hoxe, no mesmo xornal, filólogos coma Carme Hermida ou Henrique Monteagudo e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro rebaten esta investigación e apuntan que o modelo matemático non contempla as variacións que se producen no contexto social e afástase da realidade, polo que o consideran pouco fiable.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o informe; sobre as reaccións

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Jorge Mira, Xosé Ramón Barreiro, Henrique Monteagudo...