O galego de Fraga e de Quintana aproba raspado nun estudo de La Voz entre os líderes políticos

Linguas políticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Esta noite comezou a campaña electoral para os comicios que se celebrarán o vindeiro 19 de xuño. E La Voz de Galicia publica hoxe un estudo que analiza o idioma dos nosos políticos. Segundo os profesores consultados (Xosé Henrique Costas, Carme Hermida, Xosé Luís Regueira, Manuel Ferreiro e Henrique Monteagudo) tanto Manuel Fraga (PP) como Anxo Quintana (BNG) aproban raspado mentres que o candidato socialista, Emilio Pérez Touriño suspende. Os filólogos, que se basearon na súa fonética, sintaxe e vocabulario, aprobaron tamén a Núñez Feijoo (PP) polo seu esforzo en aprender o idioma, a Francisco Vázquez (PSOE) polo seu acento e a Iago Tabarés (BNG) pola corrección do seu idioma.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, BNG, Manuel Ferreiro, Xosé Henrique Costas...