Se o pasado venres dábamos conta das recomendacións que facÃa o Consello de Europa para facilitar a normalización do galego, hoxe temos a noticia de que outro organismo europeo ignora a nosa lingua. Máis concretamente trátase da Comisión Europea, que presentaba o pasado venres o estudo “Os europeos e as súas linguas” no que, a pesar de incluÃr o vasco e o catalán non recolle o noso idioma. Precisamente este informe presentábase coincidindo coa celebración, hoxe, do dÃa europeo da linguas. O presidente do departamento de Educación, Formación, Cultura e Multilingüismo deste organismo, o eslovaco Jan Figel, asegurou que no estudo que van realizar para o vindeiro ano si terán en conta o noso idioma.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos