O anuario do Instituto Cervantes 2005 recolle por primeira vez a presenza exterior do galego

O Cervantes recolle o galego

22/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un artigo do académico Manuel González “A proxección exterior da lingua galega”, representa por primeira vez o noso idioma nun anuario do Instituto Cervantes. “2005: O español no mundo” é o título do volume co que esta institución dá conta da difusión deste idioma e mais das actividades que desenvolve neste sentido. Por primeira vez, este anuario recolle tamén a presenza internacional das linguas cooficiais do Estado, galego, catalán e vasco. No seu artigo, Manuel González lamenta as poucas traducións que se fan da nosa lingua e destacan o papel dos Centros de Estudos Galegos e mais dos cursos de lingua para estranxeiros na difusión do idioma.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Instituto Cervantes, Manuel González, Lingua galega...