O Instituto Cervantes só ensina galego no seu centro de París

Con Cervantes, só a París

24/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A falta de demanda internacional para a aprendizaxe de galego mediante o Instituto Cervantes fai que o noso idioma só se ensine no centro desta institución en París. Así o sinalou onte o director da entidade, César Antonio Molina, durante a presentación no Senado da actuación do Instituto o curso pasado. Ao tempo, o Cervantes organizou un total de 240 actividades de promoción da nosa lingua. En contraste, o catalán ensinouse en 19 centros e difundiuse mediante 260 actividades. Pola súa banda, a Vicepresidencia da Xunta anunciou a posta en marcha para o vindeiro ano dun programa de voluntarios lingüísticos para estender o uso do idioma entre os máis novos.

Máis información en La Opinión; en Galicia Hoxe; o informe do Cervantes sobre o ensino do galego no mundo en La Voz de Galicia; os voluntarios lingüísticos en Faro de Vigo; máis sobre o Cervantes e sobre os lectorados de galego nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Instituto Cervantes, Culturagalega, Ensino...