O Instituto Cervantes creará en Damasco a Biblioteca Álvaro Cunqueiro

Cunqueiro damasquinado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina, anunciou que nos vindeiros meses Damasco, capital de Siria, acollerá a inauguración da Biblioteca Álvaro Cunqueiro, que dependerá deste organismo. O centro pretende, segundo Molina, ser o referente en canto a cultura galega para a rede de centros do Instituto. O anuncio producíase durante os actos de conmemoración do vinte e cinco cabodano de Álvaro Cunqueiro que se realizaron en Mondoñedo.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Opinión, en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Instituto Cervantes, César Antonio Molina, La Opinión...