O director do Instituto Cervantes apoiará e colaborará co Instituto Rosalía de Castro

O Cervantes e os outros

18/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Emilio Pérez Touriño anunciou a creación do Instituto Rosalía para promover a lingua e a cultura galega no marco da reunión dos directores dos centros Cervantes que se celebrou na Coruña a semana pasada. E o director do Instituto, Cesar Antonio Molina apresurouse a destacar que a entidade que dirixe colaborará e apoiará esa iniciativa. Ademais, na xuntanza fixáronse as liñas de actuacións dos 43 centros Cervantes para os próximos anos entre as que figura, aumentar as zonas de expansión, colaborar con institucións hispanoamericanas, mellorar o currículo e a forma de ensino do español e darlle cabida ás linguas peninsulares e tender cara a especialización.

Máis información en La Voz de Galicia e La Opinión

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Rosalía de Castro, Instituto Cervantes, Emilio Pérez Touriño...