Millón e medio de europeos aseguran ter o galego como lingua materna

DLM

22/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O 21 de febreiro é o Día da Lingua Materna. Data que a Comisión Europea aproveitou para dar a coñecer o barómetro “Os europeos e as súas linguas”. Un estudo que analiza a situación idiomática da Unión Europea e no que aparece por primeira vez a nosa lingua. Segundo este informe, o galego e a lingua materna de 1.8 millóns de europeos. Na macroenquisa realizada a máis de 28.000 persoas da UE destaca o convencemento xeral de que o coñecemento de linguas é útil e constata o incremento do número de europeos que son quen de manter un diálogo noutra lingua distinta á materna.

Máis información no web da La Voz de Galiciae consulta no portal da Unión Europea un estudo anterior sobre diversidade lingüística

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unión Europea, La Voz de Galicia, Comisión Europea, Europa...