A Unión Europea permitirá o emprego da lingua galega nas comunicacións dos cidadáns coa entidade

Galego na UE: un chanzo por abaixo

13/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O galego será oficial na Unión Europea, pero pouquiño. Na xuntanza preparatoria da cimeira de primeiros ministros que se celebrará esta semana, preparouse o que poderá ser o futuro inmediato da nosa lingua en Europa. O galego non será unha “lingua de traballo” da administración comunitaria –ao nivel do inglés, francés ou español-, pero os cidadáns poderán comunicarse cunha boa parte das entidades da Unión en calquera das linguas cooficiais do Estado. Un organismo intermedio, pagado por España, encargarase da tradución do contido ao español. Do mesmo xeito, poderase intervir en galego na Eurocámara se se avisa coa “suficiente antelación”.

Máis en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unión Europea, Lingua galega, Tradución, La Voz de Galicia...