A Real Academia Galega e o Instituto Cervantes exploran vías para difundir a lingua e a literatura galegas de xeito conxunto

Cervantes chega a Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
César Antonio de Molina, o novo director do Instituto Cervantes visitou Galicia para reunirse con Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega, co obxectivo de explorar vías para aproveitar a rede internacional de centros do Instituto Cervantes para ofrecer cursos de lingua e literatura galegas, abrir espazos sobre o galego no portal do instituto ou facilitar a tradución de autores de referencia da nosa literatura. Molina tamén doará á Deputación da Coruña os 40.000 volumes da súa biblioteca persoal. O acordo tamén inclúe os manuscritos da súa obra e a correspondencia epistolar do autor con outros escritores. A colección estará custodiada na Biblioteca Provincial nunha sala específica que levará o nome do autor.

Máis información en La Opinión; entrevista a Molina en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Instituto Cervantes, Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro...