Iníciase a excavación submariña dun galeón do XVI en Ribadeo

É o primeiro navío de guerra español da época en ser excavado

11/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
27 lecturas | Compartido 0 veces

Tras ataques inflinxidos por buques ingleses e holandeses, o galeón Ribadeo embarrancou fronte a Ribadeo en 1597. E alí quedou, alomenos a parte que estaba por baixo da liña de flotación, ata que foi descuberto nuns controis arqueolóxicos en 2011. Esta semana iniciouse a primeira intervención arqueolóxica no buque que, segundo sinalou o director da intervención, o arqueólogo Miguel San Claudio, se atopa en bo estado de conservación e se convertirá no primeiro barco de guerra español da época en ser excavado. A intervención, costeada pola Xunta de Galicia, conta co apoio científico do proxecto europeo ForSeaDiscovery e o CSIC. O día 22 de xuño, os arqueólogos presentarán os resultados preliminares da intervención nunha conferencia en Ribadeo.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Guerra, CSIC, Xunta de Galicia...

Claves

Conceptos
Lugares