O galeón que emerxe da area

Unha nova publicación permite a exploración 3D do buque Santiago de Galicia afundido en Ribadeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Sondaxe no interior do buque. Foto: Brendan Mason / Chirstin Heamagi / Nigel Nayling

Sondaxe no interior do buque. Foto: Brendan Mason / Chirstin Heamagi / Nigel Nayling

O impoñente galeón Santiago de Galicia construído en Italia afundiuse nun mal día de 1597 no exterior do porto de Ribadeo. Durante máis de catrocentos anos, o buque preservouse nunhas condicións excepcionais que permitiron varias intervencións arqueolóxicas a cargo do arqueólogo submarino Miguel San Claudio desde 2011. Agora, un artigo escrito por Brandon Mason, Christin Heamagi e Nigel Nayling e publicado na revista Heritage permite observar os traballos de dixitalización levados a cabo durante as diferentes campañas do proxecto e explorar pola nosa conta o fondo submarino onde se conservan os restos arqueolóxicos.


Visión xeral do buque. Foto: Brendan Mason / Chirstin Heamagi / Nigel Nayling

Os primeiros modelos 3D foron realizados a partir do uso da técnica da fotogrametría dixital, creando un modelo de alta resolución a partir de 1293 fotografías, e a partir de aí, fóronse realizando tarefas de documentación fotográfica nas diferentes campañas. No artigo, os autores reflexionan sobre o fluxo de traballo de produción destas fotogrametrías dixitais submarinas e as súas implicacións para o traballo dos arqueólogos e para a divulgación ao público xeral das investigacións.


Madeiras do buque. Foto: Brendan Mason / Chirstin Heamagi / Nigel Nayling

Explora o galeón Santiago de Galicia pola túa conta:

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Italia, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares