Localizan na ría de Ribadeo unha ánfora grega do século VI a.C.

Trátase da evidencia de navegación máis antiga localizada no norte peninsular

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: Armada española

Foto: Armada española

A Armada, en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio, estaba realizando inmersións de supervisión na zona do afundimento do galeón San Giaccomo di Galizia, afundido fronte a Ribadeo en 1597. Nun recoñecemento do contorno, nunha sorte de pozo de entre 12 e 15 metros de profundidade, os mergulladores localizaron dous obxectos de gran valor. Unha xerra do século XVI de orixe portugués e unha ánfora grega do século VI a.C. en bo estado de conservación. Segundo o arqueólogo especializado en xacementos submarinos Miguel San Claudio, "esta peza reflicte o contacto co Mediterráneo no século VI a.C. Retrasou a historia do porto en case mil anos". Ata o momento, a presenza de materiais gregos tan antigos en Galicia era moi escasa, ou case inexistente: a maior parte do contacto con culturas mediterráneas era a través dos portos púnicos do sur da península. A ánfora grega reflicte unha maior intensidade e diversidade destes contactos, se ben o arqueólogo advirte que pode ser unha peza "copiada" por outras culturas para vender outros produtos apropiándose do prestixio da orixe grega do obxecto.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Portugués, Dirección Xeral de Patrimonio, Mediterráneo...