O galeón afundido de Ribadeo protagoniza un número especial da revista Heritage

Varios artigos dan conta do proceso de investigación, os materiais recuperados e a vida cotiá a bordo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Reconstrución da posición orixinal do buque afundido e restos preservados (A. Martins 2022)

Reconstrución da posición orixinal do buque afundido e restos preservados (A. Martins 2022)

O galeón San Giacomo de Galizia afundiuse en 1597 na ría de Ribadeo e localizase en 2011 durante tarefas de draga no porto ribadense levadas a cabo pola Xunta de Galicia. Segundo Filipe Castro é un exemplo "único de navío de guerra español de finais do século XVI". Castro é o redactor principal do artigo destacado do número special da revista científica Heritage dedicado á arqueoloxía submariña, e no que o San Giacomo (tamén coñecido como Ribadeo I), e no que o afundimento galego é tratado a través de catro artigos diferentes. Deste xeito, o propio Filipe de Castro, xunto con Miguel San Claudio, Nigel Nayling e Adolfo Miguel resumen o contexto do achado, as intervencións e principais resultados. Tânia Manuel Casimiro e Sagrario Martínez-Ramírez, con outros investigadores, estudan o itinerario do barco durante o seu periodo de uso e como a través da abundante cultura material recuperada se poden "escribir novas narrativas sobre as actividades a bordo". Marta Moreno-García, Miguel San Claudio e Ana Crespo estudan a través dos restos de fauna localizados o consumo de carne no barco e Brandon Manson e outros autores dan conta da metodoloxía para a documentación fotogramétrica do galeón ao longo das diferentes campañas arqueolóxicas.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Manuel Casimiro, Guerra, Arqueoloxía...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares