Os arqueólogos constatan o bo estado de conservación da cuberta do galeón San Giacomo

Recuperan numerosos vestixios deste buque do século XVI

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os arqueólogos constatan o bo estado de conservación da cuberta do galeón San Giacomo

Este venres remata a campaña deste ano de investigación no galeón San Giacomo de Galizia, afundido diante de Ribadeo no século XVI. Durante a visita do conselleiro de Cultura Román Rodríguez presentáronse os resultados da intervención, entre os que destacou o bo estado de conservación da estrutura de cuberta "ao longo da eslora no costado de babor" e achados arqueolóxicos de relevancia, como unha cureña naval, un tipo de carro para montar as pezas de artillería do cal é o primeiro exemplo recuperado en España. Tamén se recuperou un importante conxunto cerámico e de munición. Segundo o equipo, o San Giacomo ofrece unha importante información para comprender os avances na arquitectura naval do Renacemento e a expansión militar europea polo globo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Arquitectura, Renacemento, Ribadeo

Claves

Protagonistas
Lugares