O Conselleiro de Cultura Román RodrÃguez, o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo e o presidente da Fundación Documentación e Conservación da Arquitectura e o Urbanismo do Movemento Moderno (DOCOMOMO), Celestino GarcÃa Braña, presentaron na Academia un documento que recolle a nómina de trece edificios do movemento moderno que serán protexidos a partir de agora. Segundo Román RodrÃguez, trátase "dun primeiro paso importante para o recoñecemento especÃfico e a protección do patrimonio arquitectónico máis próximo a nós no tempo". O conselleiro de Cultura explicou que a nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia prevé a inclusión dos edificios relevantes que percorren o perÃodo das primeiras vangardas e o movemento moderno durante o século XX ata 1965.
A escolma [fragmento do comunicado oficial]
A relación de bens incorpora catro construcións da provincia da Coruña: o Mercado de San AgustÃn, a Lonxa do Gran Sol, a Unidade Veciñal nº 3 e a Universidade Laboral Cruceiro Baleares, dúas edificacións na provincia de Lugo: a Subestación do embalse de Belesar e a Igrexa da Cruz de Incio, dúas edificacións máis en Ourense: o Convento das Nais Carmelitas Descalzas e o Colexio Nosa señora dos Milagres, e cinco elementos na provincia de Pontevedra: o Poboado mineiro de Fontao, a Fábrica da Cross, o Edificio Plastibar, a Igrexa parroquial da Nosa Señora das Neves, e o Colexio Saladino Cortizo.
Estes 13 singulares bens conforman a totalidade da representación galega no conxunto de 256 edificios realizados en España entre 1925 e 1965 que recolle o Plan Nacional de Conservación do Patrimonio Cultural do século XX.