A Coruña acollerá entre o 25 de maio e o 3 de xuño a IX edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. Hoxe tivo lugar en presenza de representantes do Concello, Deputación Provincial e Xunta, a presentación da programación, que abrangue, como é habitual neste evento, proxeccións, encontros profesionais, propostas didácticas e obradoiros. o director da Mostra, Ángel Rueda, explicou que a proposta deste ano pecha unha triloxía temática "arredor dos vimbios do cinema como ferramenta". Se ben no ano 2016 Os Novos Impresionistas centraban o foco na luz, e no 2017 Obxectos e aparicións , de como os propios cineastas transformaban o obxecto cinematográfico, este ano a Mostra aborda, de xeito especial, o tempo, "o ADN do cinema", sinalou Rueda. Así, a novena edición do (s8), Lux algebra , afondará na idea do cine como que conta co tempo e a estrutura como feitos diferenciais, e abordará o cinema estrutural de figuras como Ernie Gehr, Kurt Kren, Scott Stark ou Chris Kennedy. Esta sección completarase coa sesión Patróns de Interferencias , o programa Métrica e rima , ou a exposición O cine en papel.
Entre as propostas deste ano, destaca a Film farm on the road, no que Phil Hoffman dirixirá, entre o 5 e o 8 de xuño, un obradoiro de cinema artesanal na Coruña. A IX Mostra Internacional de Cinema Periférico celebrará o venres 25 a súa gala inaugural coa ópera-oratorio Voices of light/A paixón de Xoana de Arco . O estadounidense Richard Einhorn presenta unha partitura para coro e orquestra concibida para a película francesa dirixida, no ano 1928, por Carl T. Dreyer, e que Ángel Rueda cualificou como unha "obra mestra e referente no cinema". A proposta, que terá lugar no Teatro Colón, contará coa interpretación ao vivo do Coro e Orquestra Gaos, proxecto dirixido por Fernando Briones.