O pasado mes de outubro o Salón de Actos da Deputación de Lugo acollÃa a X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Co lema de Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes... con historia diferentes especialistas de ámbitos como a toponimia, a onomástica, a lexicografÃa ou a fraseoloxÃa, xuntáronse para "evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos coma se non, aÃnda están impresas no noso mapa emocional. Porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na alma das palabras".
A sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritora e Escritores en Lingua Galega coordinou coa colaboración da da Deputación Provincial de Lugo e da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega este encontro no que interviron investigadores como o recentemente falecido Isidro Novo, Gonzalo Navaza, Xulia Marqués, Mª Rosario Soto ou Antonio Reigosa entre outros. Agora, a AELG acaba de publicar na rede as actas que recollen a totalidade das intervencións que realizaron na sesión.