A Deputación da Coruña presentou onte o programa “O galego: a miña lingua propia”, co que busca promover o galego "entre a poboación máis nova, ao desprenderse dos últimos estudos sociolingüísticos unha diminución no uso do galego nestas franxas de idade". O programa ten un orzamento de máis de 180.000 euros e consistirá en actividades e relatorios con personaxes relevantes do mundo da música, do deporte, da escrita ou doutros ámbitos comprometidos coa lingua galega que poidan ser referentes para a xente moza. A iniciativa chegará a 43 concellos.
A Deputación da Coruña implementa un plan para recuperar o galego entre os rapaces
Levarase a cabo en 43 concellos
13 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
