A área de Cultura e Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra pon en marcha o programa Musigal, destinado especificamente a grupos musicais profesionais da provincia, e que conta cunha dotación orzamentaria de medio millón de euros. Segundo as bases da convocatoria, poderán inscribirse no Musigal unicamente artistas e grupos musicais profesionais con domicilio social en Pontevedra, que aborden de xeito especÃfico contidos sociolingüÃsticos e de dinamización da lingua galega e que nos seus concertos fagan música en galego ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autorÃa galega. O Musigal inscrÃbese no marco das accións do Ano da Lingua e segundo explicou o deputado nacionalista responsable da área, Xosé Leal, no espÃrito do programa Musigal tamén está presente "o apoio que as administracións deben ofrecerlle ao sector profesional da música".
Esta convocatoria, que será aprobada na Xunta de Goberno provincial de hoxe, contempla un prazo de inscrición para os grupos desde a súa publicación no BOPPO ata o 6 de abril, e permitirá que os concellos de menos de 50.000 habitantes opten a un máximo de 3 actuacións ao longo deste ano. "Por unha banda, o que pretendemos con este programa é que os concellos se involucren e aposten pola promoción da música galega e en galego, e por outra, que teñan apoios para contratar música profesional nos diferentes estilos que triunfan hoxe en dÃa, desde os máis clásicos aos máis contemporáneos", asegura Xosé Leal.
A convocatoria contempla a inscrición das propostas en seis categorÃas diferentes que contemplan circunstancias de xénero ou idade con outras de contido musical propiamente. No eido da promoción da igualdade de xénero, contémplase unha categorÃa denominada Son muller, na que poden inscribirse grupos nos que polo menos o 60 % das persoas integrantes e a vocalista sexan mulleres. Baixo o nome Son crianza poden inscribirse grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar. Na categorÃa Son mocidade daráselles cabida a grupos nos que polo menos o 60 % das persoas integrantes sexan menores de 35 anos. A cuarta categorÃa leva por nome Son tradición e permite que se inscriban grupos de música tradicional galega. As dúas últimas categorÃas denomÃnanse Son clásico, para grupos de música clásica que teñan no seu repertorio composicións de autores galegos, e Son actual, para grupos de pop, rock, hip hop e música electrónica. Na documentación que os grupos deben achegar inclúense aspectos como a descrición do espectáculo, acreditando o emprego do galego como mÃnimo no 70 % das obras musicais que se interpretan. Os concellos poderán solicitar as actuacións inscritas no Musigal antes do 30 de abril.