A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua

As subvencións van destinadas a concellos e organizacións non lucrativas e suman 220.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Concellos de ata 50.000 habitantes e entidades sen fin de lucro teñen aberto o prazo para acceder ás axudas que a Deputación de Pontevedra convoca para actividades de dinamización da lingua. O programa para asociacións, dotado con 120.000 euros, cobre o desenvolvemento de "certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación" na nosa lingua, "estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia", propostas que conmemoren "o Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego" ou publicación de "documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros" "que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido", ademais de campañas a prol do fomento do galego. No caso dos concellos, o orzamento dedicado a esta liña é de 100.000 euros para desenvolver propostas como as listadas. Nas dúas convocatorias o prazo para as solicitudes está aberto ata o vindeiro 15 de abril.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Día das Letras Galegas, Asociacións, Lingua galega