A Deputación da Coruña anunciou unha liña de axudas para a contratación de persoal técnico en xestión e animación cultural para os concellos da provincia, co obxectivo de "profesionalizar as áreas de cultura e crear emprego no sector". Son 750.000 euros de partida, da que os concellos poden recibir achegas de ata 15.000 euros no caso da contratación de técnicos de xestión e 10.000 na de persoal de animación sociocultural. A Xunta de Galicia pola súa banda, abriu a convocatoria para equipamentos culturais e mellora de instalacións destinadas a programación cultural. A convocatoria conta con 500.000 euros, dos que o importe máximo que poden recibir os beneficiarios é de 30.000 euros, e privilexiará as iniciativas de zonas menos poboadas "para contribuÃr ao reequilibro terriorial no acceso á cultura".