A coincidir co seu décimo aniversario, o Culturgal remata a integración dun dos ámbitos que tiña pendentes cun espazo especÃfico postos de venda e exposición de arte contemporánea. A selección de iniciativas que se atopan na nova sección compón unha auténtica panorámica de modelos innovadores que apostan por achegar a arte contemporánea ao público.
Sete galerÃas, unha asociación gremial (a flamante Asociación Galega de FotografÃa FOG) e tres postos institucionais a cargo do Museo de Pontevedra, da Bienal de Vila Nova da Cerveira e mais do Centro Galego de Arte Contemporánea compoñen o novo Espazo de Arte Contemporánea do Culturgal 2017, que se celebra entre o 1 e o 3 de decembro. A entrada do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá esta nova sección que suma preto de mil metros cadrados de superficie á Feira das Industrias Culturais. Entre os seus obxectivos "normalizar a exhibición e venda de arte contemporánea en Culturgal, á beira dos outros sectores representados anualmente na Feira", segundo explica o propio texto para a reserva de postos.
Da exposición ao mercado
O director da feira, José Aldea, sinala encol da aposta por integrar este sector que "entendemos que a arte contemporánea precisaba dun espazo de visibilidade, e coa intención de normalizar unha área da cultura como esta vimos interesante aproveitar a sinerxÃa e abrir a feira a esta nova faceta". De xeito previo a esta nova sección, desde 2014 as sucesivas edicións do evento acolleron cadansúa mostra colectiva dedicada respectivamente aos libros de artista, á relación entre arte e arquitectura e mais ás conexións co territorio e a natureza. "Logo do éxito e do interese que vimos nas exposicións pareceunos de interese incorporar o comercio e a venda de arte contemporánea ao resto de produtos da feira", sinala Aldea. Paula Cabaleiro, coordinadora canda a Antón Sobral do novo espazo, explica que "a arte contemporánea foi o último sector que se incorporou á feira. Levaba tres anos a participar dun xeito algo especial porque era unha programación paralela, pero non tiña participación activa como outros sectores".
Un oco que non se enche
A actual ausencia de feiras dedicadas á arte contemporánea no paÃs pareceulle á organización "unha oportunidade", segundo recoñece Aldea. "Entendemos que cómpre unha feira especÃfica para o sector, pero mentres non chegue podemos tamén experimentar e ver como se vai adecuando no Culturgal". Cabaleiro, pola súa banda, sinala que a nova sección "non cobre o oco dunha feira de arte, responde a outro modelo. As feiras de arte contemporánea non se centran nunha única comunidade e teñen entidade propia como eventos. Do que se trata neste caso é de incorporar o mercado da arte galega á feira". AsÃ, a iniciativa "vaise diferenciar doutros formatos en que é unha plataforma para a arte galega, cunha maiorÃa de artistas galegos ou que teñen vÃnculos ou proxectos no paÃs".
Os postos
Os Catro Gatos, LuÃsa Pita, Metro, Nemonon, Casa das Peritas, La doce e Olalab son os proxectos privados que fan parte da primeira edición do novo espazo. Estas iniciativas amosan a variedade de modelos que se dá no panorama da creación contemporánea do noso paÃs. Como elemento común máis salientable, destaca a mocidade de todos eles. Tirada a galerÃa Metro, que naceu en 2007, o resto do proxectos presentes no Espazo Arte Contemporáneo teñen un máximo de dous anos de idade. Pódese sinalar que no caso de LuÃsa Pita, a súa galerÃa toma o relevo doutro proxecto persoal, Bus Station Space, que comezara a súa andaina en 2012, se ben noutro concepto e cun emprazamento diferente. Outra coincidencia maioritaria nestas iniciativas do espazo é a aposta divulgativa da creación contemporánea que teñen moitos deles. A combinación de exposicións e venda de arte con obradoiros, actividades ou mesmo o propio taller do artista amosan unha multiplicidade de fórmulas que se afastan do concepto máis común de galerÃa.
A repasar as súas peculiaridades, Os Catro Gatos, promovido polos artistas Delio Sánchez e Inés Silvade en Compostela, serve de sede á asociación cultural Maxenta e acolle un obradoiro de traballo e un espazo expositivo. De xeito similar Olalab, na mesma cidade, "desenvolve diferentes liñas de accións relacionadas coa arte contemporánea", segundo explica a presentación do espazo. Exposicións de creadores emerxentes, xornadas de reflexión e debate, obradoiros de creatividade e dispoñibilidade de espazos para diferentes usos danse cita no lugar. Pola súa banda, Nemonon propón en Pontevedra, a partir da arquitectura e da arte contemporánea un espazo multiusos que tanto pode acoller xornadas como exposicións ou conferencias e que está aberto ao alugueiro de espazos. A Casa das Peritas aparece como unha extensión do obradoiro da artista Natasha Lelenco en Fisterra. Ademais de ser vivenda, o lugar acolle tamén exposicións e outras actividades. Tamén da man dunha artista, MarÃa Magán, La doce integra tenda, coworking, formación e exposicións entre outras iniciativas desde Boiro. Deste xeito, das propostas privadas que fan parte do encontro son Metro e LuÃsa Pita as que presentan un perfil máis próximo á galerÃa convencional.
Punto de encontro
Segundo apunta Cabaleiro, no Espazo de Arte Contemporánea do Culturgal "hai galerÃas profesionais que tamén asisten a feiras en Madrid, como é o caso de Metro e de LuÃsa Pita", canda a eles, haberá postos de "espazos alternativos que apoian artistas emerxentes como son Olalab ou La doce, espazos para disciplinas concretas como a asociación de Fotógrafos ou iniciativas como Nemonon, que abordas as sinerxÃas entre arquitectura e arte contemporánea. Hai espazos que van levar propostas moi orixinais". Canda ás iniciativas privadas, haberá tamén unha representación de entidades públicas. "Penso que vai ser tamén moi interesante o diálogo cos museos. A presenza do Museo de Pontevedra, do CGAC e da Bienal de Vila Nova de Cerveira, que é un referente para moitos artistas galegos, darán pé a un espazo dinámico e variopinto que amosa toda a complexidade da arte contemporánea galega. Ademais, no foro de presentacións tamén haberá presenza doutros postos da feira que teñen proxectos concretos vencellados á arte contemporánea".
Tendencia e ausencias
O propio formato da feira e o público que acode ao evento semella ter condicionado o tipo de galerÃas e proxectos que apostaron por reservar un posto no novo espazo de arte. "Hai moitas galerÃas ou espazos de arte máis focalizados en exportar arte ou traballar con coleccionistas para quen Culturgal non é a plataforma axeitada", apunta Paula Cabaleiro. "Entón vai haber ausencias desas grandes galerÃas que se focalizan maiormente en posicionarse a nivel estatal e en asistir a feiras de fóra de Galicia, o cal é algo perfectamente lexÃtimo e máis nos tempos que corren para o mercado da arte", explica. Deste xeito, os proxectos que se van atopar no espazo de Arte Contemporánea responden en boa medida a "galerÃas que, non é que sexan exactamente máis pequenas, pero teñen un mercado máis focalizado en Galicia. Deste xeito non teremos unha feira ao uso, senón unha mostra de xente quere contribuÃr á cultura do paÃs e que quere traballar a arte contemporánea desde o eido galego. Eu agradezo moito que queiran participar do Culturgal", sinala a coordinadora.
As mudanzas no modelo
Para alén de responder ao propio perfil do Culturgal, o tipo de proxectos que se amosan na nova sección da feira amosa tamén unha mudanza no xeito de comprender o mercado da arte. "Hai un cambio latente desde hai 5 ou 6 anos", explica Cabaleiro. "As grandes galerÃas fecharon as súas portas, como SCQ, que era un referente. Isto debeuse a que o coleccionismo mudou en Galicia. A crise inmobiliaria fixo que moitos arquitectos deixasen de mercar obras, paralizouse a ampliación das coleccións públicas e o mesmo aconteceu coas caixas de aforros, que antes mercaban moito. Mudou moito o papel e o formato da galerÃa, ao igual que os clientes e os obxectivos". Ante esta problemática as propostas que están a xurdir "son proxectos moito máis hÃbridos. Moitas seguen a funcionar como galerÃas que representan e promoven artistas e van a feiras, pero inclúen tamén obradoiros de formación, conferencias ou presentacións de libros. Isto fai que mesmo as galerÃas máis antigas que continúan abertas, como Trinta, tamén estean a mudar o seu modelo. Asà Trinta ten acollido concertos, obradoiros de artistas ou outras actividades. Este tipo de cousas son un pouco simbólicas e representativas do que está a suceder ", explica a comisaria.
Democratizar
O feito de que moitos destes proxectos novos estean no Culturgal coincide tamén nunha aposta común por democratizar a cultura e facela accesible. "Veremos postos con moitos artistas novos e tamén creadores consolidados pero co denominador común por achegar prezos asumibles", adianta Cabaleiro. "O que máis se verá probablemente serán obras de pequeno formato ou obra múltiple, que se pode reproducir, sobre soportes como papel, fotografÃa e gravado. Tamén haberá obxectos de autor, cousas que permiten que calquera persoa que namore dunha peza poida levala ou, cando menos unha reprodución".
Retroalimentación
A falar da participación, Aldea apunta que "resulta interesante que veñan galerÃas de diferentes lugares do paÃs, que entendan que esta iniciativa non é só de Pontevedra. Isto marca un camiño. Tamén é importante a participación dun colectivo como a Asociación Galega de FotografÃa, pensamos que gremios profesionais como este poden atopar o seu espazo aquÃ". Ademais, apunta os efectos que a apertura deste novo espazo vai ter sobre o conxunto do evento. "Recuperamos os obradoiros infantÃs, que tiveramos que deixar por falta de espazo. Agora temos esta zona, que nos parece máis amable, e vai haber un de arquitectura e outro de copia de manuscritos", explica o director do evento. Cabaleiro coincide en sinalar que estas, canda ás outras actividades previstas para o espazo, "van atraer xente que se achegará a este espazo e logo dará unha volta e verá os postos. Sabemos pola experiencia doutros anos que este espazo ha ter menos xente, pero ao tempo parécenos que ver a arte contemporánea implica tamén unha certa intimidade. Buscamos que poida haber diálogo cos galeristas e cos artistas de xeito fluÃdo e sen estar abafados por toda a masa".
Actividades
A nivel de actividades, daranse a coñecer na feira proxectos como a nova iniciativa de servizos culturais A Casa Morada, a plataforma Latamuda.gal ou as actividades da Asociación Galega de FotografÃa, que tamén programa unha mesa redonda sobre ética xornalÃstica. Aproveitarán tamén o evento para presentar as súas novas edicións o festival Escenas do Cambio, a nova xeira do proxecto Derrubando muros con pintura de Carballo, ou a revista de fotografÃa Caleidoscópica. A presenza de Portugal como paÃs convidado á nova xeira do Culturgal deixarase sentir no espazo coa conversa que se desenvolverá con Nuno Faria, director do Centro Internacional de Arte José Guimarães. Para alén das obras que se exporán nos diferentes postos, La doce achegará ao encontro a performance de Endika Basaguren Borrar las huellas de la memoria mentres desde o posto da Bienal de Vila Nova da Cerveira o artista Ricardo de Campos pintará un mural ao vivo durante venres e sábado. Non falta tampouco nesta ocasión unha exposición, de menor magnitude que en anos anteriores. Trátase do traballo do Proxecto Hefesto, unha iniciativa do Concello de Pontevedra dedicada á arte inclusiva, no que "persoas con diversas capacidades poden compartir unha experiencia artÃstica común mediada por artistas locais", segundo explica o concello.