Dezaseis especialistas de diferentes ámbitos profundarán na biografía e na obra de Carlos Casares, protagonista do Día das Letras Galegas de ano no simposio que Real Academia celebra na Coruña entre o 21 e o 23 de novembro. Arcadio López-Casanova abre este encontro, que abordará "distintos aspectos da narrativa, o ensaio e o articulismo que cultivou o autor, facendo fincapé tanto nas características da súa escrita como nas súas reflexións sobre como debía ser esta", segundo explica a RAG.
Na primeira das xornadas Fina Casalderrey moderará unha mesa redonda sobre a teima de Carlos Casares pola procura de novos públicos lectores na que participarán Manuel Forcadela, Montse Pena e Gonzalo Navaza. O día 22 Francisco Xavier Carro Rosende abrirá a xornada co relatorio "Polos buratos da memoria". Mentres a mesa redonda Casares de onte a hoxe contará con Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Antón Riveiro Coello e María López Sández. A sesión feche centrarase "no Casares articulista, ensaísta e lector" e rematará coa conferencia do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Canda a el, unha mesa moderada por Xosé Manuel Pereiro contará con Inma López Silva, Ramón Loureiro e Álex Alonso. A inscrición ao encontro está aberta e é gratuíta.