Este once de setembro cúmprese un século do pasamento de Fanny Garrido. Esta literata, tradutora, activista social e académica correspondente coruñesa foi unha das fundadoras da Sociedade de Folk-Lore Galego e colaborou co compositor Marcial del Adalid, quen puxo música a varios dos seus poemas. Con ocasión deste centenario a sede da Real Academia Galega acollerá o luns 11 de setembro, ás 19 horas, unha charla-concerto en homenaxe a Garrido. No acto, que a RAG organiza en colaboración coa ConsellarÃa de Cultura, a musicóloga Laura Touriñán conversará sobre Garrido coa xornalista Isabel Bugallal e o pianista Alejo Amoedo e a soprano Susana de Lorenzo interpretarán os seus poemas musicados.
En paralelo, VÃctor Freixanes, presidente da Academia, asinaba esta mañá un convenio de colaboración coa xerente do centro comercial Marineda City, Ana López, para desenvolver unha serie de actos de conmemoración sobre a figura de Emilia Pardo Bazán, que foi outra das fundadoras da Sociedade de Folk-Lore Galego. Esta autora foi a inventora do nome Marineda, que lle aplicaba á Cidade Herculina e que foi recuperada polo complexo. No acordo, Marineda City comprométese a celebrar unha velada cultural anual de homenaxe a Pardo Bazán, a primeira das cales se desenvolverá o vindeiro 29 de setembro. Ademais, promoverá dous premios literarios e un de fotografÃa centrados na cidade da Coruña. Marineda City tamén se comprometeu "a seguir avanzando na promoción da lingua galega a través das actividades que desenvolve, da sinaléctica etc.", segundo explica a RAG.
A primeira das veladas, que se desenvolverán na Casa-Museo dedicada á escritora, combinará a lectura de textos da autora coa música do grupo De Vacas. Haberá tamén un apartado gastronómico a cargo de Iván DomÃnguez, do restaurante coruñés Alborada, que ofrecerá unha reiterpretación das receitas da escritora.