Carballo acolle desde este xoves 6 ao domingo 9 de xullo a Praza dos Libros, un evento de periodicidade anual que, ao redor do mundo do libro, ofrece unha serie de actividades culturais. O pregón deste ano estará a cargo de Manuel Rivas, e diversos autores da Costa da Morte presentarán os seus libros: desde Xan Fernández Carrera ou Suso Lista, ata Xosé MarÃa Lema, Fernando Cabeza Quiles ou Xabier Maceiras. Concertos e actividades infantÃs completarán o programa de actos.