Os membros do Plenario do Consello da Cultura Galega asà como o seu presidente, Ramón Villares, trasladaron o seu sentido pésame á familia e destacaron o compromiso forte e decidido que Zulueta mantivo en favor da cultura galega a través da súa participación en numerosas entidades como as fundacións Penzol, Juan XXIII, Sálvora, Isla Couto, Otero Pedrayo e tamén na editorial Galaxia e no Ateneo de Pontevedra, entre outras. Ademais, destacaron o seu labor como impulsor da tradución da biblia ao galego e a súa contribución a normalizar o galego no ámbito xurÃdico.
Alfonso Zulueta no Consello da Cultura
Zulueta de Haz entra no Consello da Cultura Galega en 1991 como membro electivo do seu Plenario e sete anos despois é nomeado vicepresidente. Tras a inesperada e repentina morte de Carlos Casares, Alfonso Zulueta de Haz converteuse no cuarto presidente do Consello da Cultura Galega. O seu mandato durou unha única lexislatura, que se corresponde co perÃodo que vai de 2002 a 2006 e caracterizouse por un fortalecemento do labor iniciado por Casares. Durante esta etapa tivo lugar, entre outros proxectos, o desenvolvemento do Proxecto Sarmiento, xestado en etapas anteriores.
Unha vida entre o compromiso cultural e a atención aos máis desfavorecidos
Naceu en Pontevedra en 1924 e estudou Dereito e os cursos de doutoramento en Santiago de Compostela. En 1956 aprobou as oposicións a notarÃas e estivo destinado en Málaga, MarÃn, Ferrol e Vigo.
O compromiso vital de Alfonso Zulueta de Haz pivotou sempre entre os eixes social e cultural. No primeiro desenvolveu un amplo labor de dedicación ás persoas con discapacidade intelectual a través de entidades como a Asociación “Juan XXIII” da que foi fundador e asesor xurÃdico, a Fundación Tutelar Galega “Sálvora”, a Confederación Española de Fundaciones e a Xunta Directiva da Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Pontevedra.
No seu traballo en prol da cultura galega destaca ter sido presidente da Editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), promotora e editora da primeira tradución da Biblia ao galego desde as linguas orixinais (hebreo, grego e arameo); asà como os diferentes postos de responsabilidade na Fundación Penzol, no consello de administración da Editorial Galaxia e padroeiro das Fundacións Otero Predrayo, Wenceslao Fernández Flórez, Isla Couto e Castelao, entre outras. Na súa fecunda traxectoria tamén figura ser impulsor e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra.
Por outra banda, no seu ámbito profesional foi relator nos congresos de Dereito Civil Galego dos anos 1972 e 1985 e no anteproxecto da Lei de Dereito Civil Galego. Entre os seus recoñecementos neste sector foi académico de honra da Academia de Lexislación e Xurisprudencia de Galicia, e recibiu a Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort (1993) e o Premio IURISGAMA da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid (2007).
Mantivo un fondo compromiso polÃtico e democrático, que se plasmou na fundación do Partido Galego Social Demócrata (1974-1978) e no Partido Galeguista (1974-1982). Ademais, participou na redacción do Estatuto de autonomÃa de Galicia (1980) no referente ao dereito e idioma galegos como mérito preferente para a provisión de notarÃas.
Na súa traxectoria exerceu como presidente do Consello Social da Universidade de Vigo (1996-2003), foi conselleiro das antigas Caixas de Aforros do sur de Galicia e Caixanova, e tamén membro da Comisión da Cátedra Filgueira Valverde da Universidade de Vigo (1996-2010) e vogal do Consello Galego do Voluntariado.