Co tempo que levou ter a posibilidade de levar libremente as obras de Valle-Inclán en galego ás táboas o Centro Dramático Galego (CDG) non vai soltar agora a oportunidade de saldar contas pendentes cos textos do dramaturgo. A Axencia galega de Industrias Culturais, da que depende o CDG, ven de anunciar que para a próxima temporada escénica levará a cabo a produción de Divinas palabras, un dos grandes clásicos teatrais do autor arousán. Tanto os detalles deste novo espectáculo como do resto da programación que a compañÃa pública desenvolverá no perÃodo 2017-2018 daranse a coñecer na presentación pública que terá lugar á volta do verán. Esta será a primeira versión en galego desta obra emblemática que, do mesmo xeito que en Martes de Carnaval a vixente produción aÃnda en xira do CDG, procurará para a súa representación rastrexar a vixencia do texto cun imaxinario contemporáneo.
Segundo comunican desde o CDG, coa posta en escena de Divinas palabras en galego saldarase unha débeda coa primeira directiva da compañÃa institucional que, no momento da súa fundación hai 33 anos, non puido levar a cabo este proxecto ao non dispoñer dos dereitos para a tradución da obra.Ademais de en Galicia, a aproximación do CDG a este clásico da literatura dramática poderá verse tamén no Teatro Español de Madrid, que mañá presenta a súa nova temporada e onde está prevista unha estadÃa de 10 dÃas no mes de maio. Deste xeito, darase continuidade tamén á liña de traballo que está a desenvolver a compañÃa da Xunta co obxectivo de tender pontes entre o teatro que se está a facer en Galicia e a escena doutros territorios do resto de España e Portugal.