Este xoves levantarase o pano no Salón Teatro de Santiago e presentarase ao público un monstro televisivo chamado Divinas Palabras Revolution. A "criatura" creada a partir do texto Divinas palabras de Valle-Inclán por Xesús Rón (Xron) como cirurxián xefe e Manuel Cortés como cirurxián axudante, segundo eles mesmos se denominaron, contando coa complicidade do resto do elenco e persoal técnico será á produción propia que presenta o Centro Dramático Galego esta tempada e que poderá verse na súa sede ata o vindeiro 28 de abril. Tras diso a compañía pública iniciará unha xira que os levará por oito localidades galegas -Lugo e Ferrol quedan este ano fóra da xira por cuestións relativas ás programacións locais- para despois aterrar no Teatro Español de Madrid entre 17 e 27 de maio, onde se representará en galego con tecnoloxía de sobretitulado ao castelán. A escolla do Teatro Español de Madrid para este final de percorrido non ten nada de casual xa que alí mesmo foi onde, en 1933, se estreou o texto orixinal, baixo dirección de Cipriano Rivas Cherif, con Castelao como escenógrafo.
A aposta de Xron para acadar a contemporaneidade deste texto para, segundo el, "que o público se sinta tocado" nunha obra de hai un século (publicouse en 1919) foi descontextualizalo da situación rural orixinal e levalo a un decorado televisivo de telerrealidade para recuperar a esencia crítica coas miserias humanas de "luxuria, avaricia e morte" que si que seguen a estar vixentes, malia que xa non o entorno desa Galicia virxe, salvaxe e pura que Valle-Inclán deixaba ver como fondo do drama. As personaxes de Marigaila (Patricia Cortés), Pedro Gailo (Manuel Cortés), Sétimo Miau (Antón Coucheiro), Migueliño (Borja Fernández), Marica do Reino (Mónica García), Candás (Tone Martínez), Tatoola (Victoria Pérez), Simoniña (Ánxela Ríos) e Laureano (Tomé Vieitez) son agora participantes dun concurso televisivo na versión de asinan Ron e Cortés, con dramaturxia deste último. A "traxicomedia de aldea", como subtitulou Valle-Inclán á obra orixinal, pasa a ser de "aldea global". "A Galicia que que Valle-Inclán representaba xa non existe, deixamos que se estragase", di Ron, e no seu lugar coloca a trama nun espazo interior desprovisto dunha identidade propia galega, nunha perda que o director quere facer ver a través da ausencia desa paisaxe chea de sinais identitarios ás veces so representados desde un "folklorismo" no que esta proposta non cae, para celebración da propia Directora do CDG, Fefa Noia, que así o expresou na presentación, xa que esa visión afastaría, segundo ela, ao público da esencia do texto. Para Xron a incorporación do autor arousán ao noso espazo teatral implica unha responsabilidade "porque estamos a falar da nosa terra por boca dun paisano noso" e segundo el xa non podemos identificarnos cunha visión floklorista da Galicia "máxica, misteriosa, atrasada, empobrecida" que se estivo a dar a través de Valle-Inclán "por aí fóra".
Diseccionar e volver coser o texto
Para Manuel Cortés, protagonista e encargado da dramaturxia, facer esta versión é como "exercer de cirurxiáns diabólicos" xa que considera que o traballo feito por Xron e maís el sobre o texto orixinal semellou o de un Dr. Frankenstein co seu axudante ao converter unha unidade en fragmentos, para despois "diseccionalos e volvelos a coser", dixo. Manter a esencia do texto, do autor e da atmosfera da obra xustificaba para Cortes ter que pasar por riba dela, "cortándoa, pegándoa, eliminando, cambiando de sitio, reatribuíndo diálogos, reescribindo cousas, etc." A proposta que este xoves se estrea é para Fefa Noia "valente e arriscada", unha das cousas que a ela máis alegra. "Non será consumible ou doado de ver" este Valle para ela. O público e a súa reacción si que está entre as inquedanzas de Xron que agarda conseguir que da sala se saia con ganas de coñecer a obra orixinal de Valle-Inclán que "é un auténtico descoñecido aínda que pensamos que o coñecemos".
Refrescar Valle-Inclán desde a potencia teatral de Galicia
Para Ron esta nova montaxe dunha obra do dramaturgo galego, a terceira que se fai no noso idioma desde o pasado ano, resulta unha visión complementaria das que fixeron Quico Cadaval en Excéntricas (A Cabeza do Dragón) e Marta Pazos co CDG (Martes de Carnaval). Montaxes as tres cuxa diversidade de visión demostra opara Xron "o poderío que está vivindo a escena galega". Nese sentido para Xron as diferentes visións que desde Galicia se están a achegar sobre a obra de Valle-Inclán sérvennos para mostrar as "poéticas e as calidades que hai agora mesmo dentro do teatro galego" e valora o conxunto destas montaxes galegas sobre o autor como "unha voz moi orixinal con respecto as visións que ata agora se deron dentro da cultura española sobre o teatro de Valle-Inclán". As xornadas nas que o espectáculo Divinas Palabras Revolution estará no Teatro Español de Madrid, onde se fixo ademais a estrea oficial da obra en 1933, son para o director unha oportunidade para representar dentro da escena madrileña "o que representaba Valle-Inclán nos anos 20. Ese teatro que non se aceptaba, que causaba apupos, incomprendido". E nese sentido agardan con impaciencia as reacción do público madrileño.