Teatro do Noroeste representará en 2018 'Da avaricia, a luxuria e a morte' de Valle-Inclán

A produción xa ten reparto e a tradución corre a cargo de Manuel Guede

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
Cartel da obra

Cartel da obra

A posta sobre as táboas de Valle-Inclán en galego seguirá a ter presenza na tempada que comeza demostrando o sólido da longa reivindicación do sector e non só pola produción de Divinas Palabras do CDG. A veterana compañía Teatro do Noroeste recolle a luva tamén desta translación ao noso idioma e ven de anunciar un novo espectáculo, aínda en fase de pre-produción e que contan presentar antes do verán. Da avaricia, a luxuria e a morte baséase no Retablo do mesmo nome de Ramón del Valle-Inclán e presenta tres das cinco pezas dramáticas reunidas no volume orixinal: Ligazón, A rosa de papel e A cabeza do bautista. A recente presentación do cartel deixa tamén ver un elenco de intérpretes xa decidido que estará formado por 3 actrices e 2 actores. Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma Antonio e Miguel Pernas baixo a dirección de Eduardo Alonso interpretarán o texto que para a ocasión foi traducido por Manuel Guede. A produción contará con música orixinal de Bernardo Martínez.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Morte, Teatro do Noroeste, Manuel Guede...