O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria do proceso de selección para a contratación de actores e actrices para a vindeira produción do Centro Dramático Galego (CDG) dunha versión libre de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán. A pesares de que a programación da vindeira temporada do CDG aínda non se presentou publicamente, A Axencia Galega de Industrias Culturais abre agora este proceso que mantén as mesmas características de contratación artística que nas pasadas temporadas e que foi obxecto de controversia e rexeitamento por parte da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que chegou a denunciar irregularidades na contratación do elenco para as obras de Valle-Inclán de Martes de carnaval producidas este ano e que motivou a dimisión anticipada do director Tito Asorey. A nova convocatoria abre o proceso de contratación de sete prazas de actrices e actores, coa categoría de principais para esta versión libre da obra de Valle-Inclán. Cabe lembrar que o Centro Dramático Nacional programou en 2006 unha versión da mesma obra cun elenco formado por 23 intérpretes baixo a dirección de Gerardo Vera. A representación xa ten data de estrea en Madrid, no Teatro Español, que a anuncia no seu sitio web do 17 ao 27 de maio como unha produción do CDG levada a cabo pola Compañía Chévere, segundo fontes do CDG será a dirección da obra a que correrá a cargo de membros desta compañía.
Agadic convoca en aberto as prazas artísticas para a nova produción do CDG
A versión libre de 'Divinas Palabras' de Valle-Inclán contará con sete actores e actrices
27 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Ligazóns externas
- A AAAG acusa á Administración de cometer irregularidades nos procesos de selección do CDG
- ANUNCIO do 20 de novembro de 2017 polo que se procede a dar publicidade da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de sete (7) prazas de actrices e actores, coa categoría de principais, para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2018 dunha versión libre de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán.
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares


