A produción estrela do Centro Dramático Galego para esta temporada, o Martes de Carnaval de Valle-Inclán, está a pasar por algúns imprevistos. Onte, coincidindo coa publicación do Acordo do tribunal encargado da selección de actrices/actores coñeceuse a renuncia de varios dos integrantes do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo do elenco , entre eles Tito Asorey que estaba ao cargo da dirección da obra As galas do defunto. Xunto a el presentaron renuncia Vanesa Sotelo, actriz, dramaturga e directora da revista Galega de Teatro e Manuela DomÃnguez, secretaria do tribunal. A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) xa substituÃu aos renunciantes e o proceso seguirá o seu curso. Marta Pazos, que xa dirixÃa a outra obra de Valle-Inclán, A filla do Capitán, asumirá á dirección de ambas, segundo comunicacou hopxe AGADIC. A coreógrafa Ruth BalbÃs e a deseñadora de vestiario UxÃa Vaello substituÃron aos membros dimisionarios no tribunal e Manuela DomÃnguez foi substituÃda na secretarÃa por MarÃa Pilar RodrÃguez Leonardo, que xa asina o acordo publicado. Un total de 50 actores e actrices foron seleccionados e concorrerá a as audicións, nas que se decidirán os 10 profesionais (4 protagonistas e 6 principais) que encarnarán os 37 personaxes das dúas pezas do espectáculo: As galas do defunto e A filla do capitán.
Tras destas renuncias persoais ata o de agora só se coñecen as motivacións de Tito Asorey que onte fixo un comunicado a través do magazine de CrÃtica da Revista Galega de Teatro. No mesmo o director e intérprete di que "despois da publicación por parte da AGADIC da listaxe definitiva de persoas seleccionadas para a realización das probas de interpretación de cara á produción Martes de Carnaval de Valle Inclán, e debido á falta de especificación sobre a dirección da mesma, tomo a iniciativa de facer pública a miña renuncia á dirección da súa primeira parte, As galas do defunto. Esta renuncia a levar a cabo a dirección artÃstica de dita peza foi presentada o pasado dÃa 27 de xaneiro, sendo aceptada tanto polo CDG como pola AGADIC." Asorey pon as causas desta renuncia nun desencontro coa administración polo procedemento xurÃdico que regula a selección do elenco, un método de acceso á contratación artÃstica como intérpretes que a AGADIC leva implantando desde dous anos atrás efectuando probas e baremos de puntuación semellantes aos de acceso a outros postos de traballo na administración pública e que ten sido obxecto de controversia e debate entre a comunidade teatral que cuestiona se son os axeitados para este tipo de actividades artÃsticas. AÃnda que xa se coñecÃa previamente que este era o sistema que se Ãa utilizar tamén nestas producións, segundo o parecer de Asorey a aplicación que se fai deste procedemento "dificultaba enormemente o proceso artÃstico tal e como eu o entendo". A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que aglutina a preto de 300 actores e actrices, ven de facer público un comunicado no que lamenta os atrancos que está a vivir a montaxe de Valle-Inclán tras estas dimisións e aproveita a ocasión para cuestionar unha vez máis o proceso de selección que a AGADIC impuxo para o CDG. Un proceso "ante o cal –di o comunicado- a AAAG sempre manifestou a súa oposición ao considerar que non é o máis axeitado para unha institución coma o CDG, xa que pasa por alto as particularidades laborais e artÃsticas dos actores e actrices e directores". Desde a AAAG solicitan ademais da AGADIC que realice as explicacións públicas oportunas e suficientes ante estas dimisións e lembra que eles xa teñen recibido multitude reclamacións nas últimas semanas por parte dos seus asociados/as ao respecto de presuntas irregularidades que se estarÃan a producir na selección de intérpretes no citado proceso. Para a asociación está deberÃa ser a derradeira ocasión na que se use un procedemento de concurso destas caracterÃsticas e deberÃa buscarse un novo modelo de consenso entre todas as partes implicadas. Tamén sinalan os actores e actrices como unha necesidade urxente que o CDG pase a ser na "maior brevidade posible" unha institución independente, cunha personalidade xurÃdica propia e autónoma, cuns estatutos propios. Desde a entidade de representación do colectivo actoral aplauden a disposición da actual directora do Centro Dramático, Fefa Noia, "que procura sustentar o seu labor no diálogo fluÃdo coa profesión, intención que aplaudimos e á que respondemos sempre coa esperanza de que algún dÃa sexa máis efectivo cá estético."