O Centro Dramático Galego (CDG), a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, presentou hoxe a produción dramática e as actividades que asentan a súa temporada 2017-2018. A estrea o 12 de abril da primeira versión en galego da obra de Valle-Inclán Divinas palabras, baixo a dirección de Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés nos principais papeis protagonistas encabezando un elenco do que tamén formarán parte outros sete intérpretes elixidos no proceso de selección que a compañÃa pública mantén aberto nestes momentos. A obra de Valle-Inclán será o fito principal do calendario no que tamén hai espazo para coproducións e moi diversas actividades dirixidas ao público ou aos profesionais do sector teatral. Neste sentido, reforza o seu programa de coproducións con catro montaxes xunto a outras tantas compañÃas galegas: #camiños (ButacaZero), escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida Xavier Castiñeira; o espectáculo de circo Arnoia, Arnoia (Pistacatro), con dirección de Quico Cadaval a partir do texto de Xosé LuÃs Méndez FerrÃn; a creación de Pablo Fidalgo Anarquismos, con implicación doutras entidades culturais da penÃnsula; e a xa estreada Elisa e Marcela, de A PanadarÃa. Coa produción de Divinas palabras sáldase unha débeda pendente xa que, no momento da fundación da compañÃa institucional en 1984, non se puido levar a cabo esta produción pensada para a súa inauguración ao non dispoñer dos dereitos para a súa tradución ao galego. No acto de presentación na sede do CDG no Salón Teatro de Santiago participaron o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a directora do CDG, Fefa Noia, e o propio Xesús Ron.