Hoxe pola mañá presentouse na Cidade da Cultura a primeira tradución ao inglés dunha das obras singulares de Carlos Casares, IlustrÃsima, en inglés His Excelency, traducida ao inglés por Jacob Rdogers para o proxecto editorial Galician Casslics da editora Small Stations Press, que xa conta con sete libros de autores como Cunqueiro, RosalÃa ou Celso Emilio Ferreiro. A novidade editorial foi presentada na Cidade da Cultura polos secretarios xerais de Cultura e de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo e ValentÃn GarcÃa, respectivamente; polo administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do escritor, HÃ¥kan Casares; polo editor Jonathan Dunne, pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e polo membro da Real Academia Galega Manuel González, no marco da exposición bibliográfica confeccionada pola Biblioteca de Galicia para celebrar as Letras Galegas 2017 e que leva por tÃtulo Casares: arte e pensamento para Galicia.