A Asociación Cultura do PaÃs organiza entre os vindeiros 25 e 27 de maio en Lugo as segundas Xornadas da Pequena Edición. O Ciclostil, ese aparello de reprografÃa maioritariamente desbancado pola actual tecnoloxÃa dixital das copias, dá nome este encontro CulturaCiclostil centrado nas pequenas editoriais alternativas que van respondendo a múltiples necesidades lectoras e que incluirá diversas actividades arredor da cultura do libro pero tamén outras manifestacións artÃsticas. A librarÃa Gato Neghro (San Roque, 32) acollerá eses tres dÃas, xoves e venres a partires das 20 horas e sábado en horario de mañá, unha charla co escritor Santiago Jaureguizar; a presentación do proxecto editorial Chan da Pólvora; un recital poético a cargo de Isidro Novo, Raquel López Cendán, Martiño Maseda e MarÃa Xosé Fernández López; a presentación do libro O caso Quintana de Miguel Alonso, con posterior concerto deste autor. En colaboración coa Asociación Cultural Lucecús de Saviñao e Pantón, estas xornadas tamén servirán para inaugurar no Lar da Cultura do PaÃs (Carril das Hortas, 1) a mostra fotográfica Mulleres da Ribeira Sacra .