Unha charla sobre A cultura e a creatividade como valor para os territorios abrirá hoxe ás seis da tarde o programa da Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense (ICC WEEK). O presidente da Deputación Provincial. Manuel Baltar; a escritora e divulgadora Elsa Punset e o Director do Instituto Cervantes de Lisboa, Javier Rioyó, abrirán asà este encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os dÃas 2 e 7 de maio de 2017. Estas xornadas , que se veñen desenvolvendo desde o ano 2015 ofrecen unha variedade de encontros e actividades que abarcan desde a industria musical, a tecnoloxÃa, o audiovisual, a comunicación, os videoxogos, a xestión cultural, a artesanÃa, a publicidade, etc. Entre os dÃas 2 e 7 de maio a provincia será un punto de encontro para emprendedores do sector da cultura e a creatividade. Reunións, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebrarán un programa repleto de actividades e no que está incluÃda por vez primeira nas súas edicións unha nutrida axenda de concertos en varios lugares da capital provincial, os ICC Shows, concertos en formato after work e sesión vermú para complementar as ponencias e actividades da programación. O evento reúne nas súas sesións numerosos nomes destacados en cada un dos sectores representados: a mánager Patricia Hermida e Carlos Jean na industria musical; Pepe Solla e Javier Olleros na gastronomÃa; Óliver Laxe no audiovisual; Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico; Fernando Dacosta no sector teatral; Alfonso Pato e Sergio Lago na xestión cultural entre outro moitos nomes de expertos chegados de toda España.