Víctor F. Freixanes convértese en novo presidente da Real Academia Galega

Foi elixido con 18 votos a favor e 1 en contra

O xornalista e editor Víctor F. Freixanes foi elixido onte presidente da Real Academia Galega con 18 votos a favor, 1 en contra, seis académicos ausentes e tres que escusaron a súa ausencia. Freixanes xa constituiu o seu equipo de goberno. Henrique Monteagudo (secretario), Andrés Torres Queiruga (vicesecretario), Marilar Aleixandre (tesoureira) e Fina Casalderrey (bibliotecaria e responsable do Arquivo). Segundo informa a Real Academia Galega: "a executiva entrante márcase dúas grandes liñas de traballo, unha de carácter interno e outra centrada na proxección social da Academia. Canto á primeira, Víctor F. Freixanes defendeu a necesidade de manter un "clima de transparencia interna" para superar unha "etapa delicada". Nesta liña, comprometeuse a "facer todo o esforzo posible para avanzar no camiño do encontro". No ámbito da lingua, Freixanes defendeu manter "o servizo á cidadanía" e a dimensión da dinamización social.